Produción

A produción musical é o proceso de "posta a punto" dunha canción, que vai dende a organización do traballo, o aspecto creativo, como a composición e escritura da letra, a preprodución, onde se define a idea, ata a parte técnica de gravación do son, mestura e masterización. Neste proceso o productor traballa man a man ca banda ou artista.

Gravación

Durante a gravación rexístranse os diferentes intrumentos e voces do tema para logo integralos entre sí.

Edición

Unha vez gravado todo o material sonoro chega a parte da limpeza, colocación e afinación das distintas pistas para preparar todo o 100% para a mestura.

Mestura

Neste proceso unimos todo o material gravado e imos axustando volumes de cada instrumento, voces,  imos engadindo efectos, dando protragonismo...

Masterización

Nesta última parte do proceso traballamos co tema como unha peza completa e púlense os derradeiros detalles, e dámoslle a sáida precisa para cada unha das finalidades (plataformas dixitais, vinilos, cd's,...)

Editorial musical

Na editorial musical encargámonos de axudar o autor. Promocionamos, xestionamos, distribuimos, protexemos e explotamos comercialmente a súa obra musical.

Selo discográfico

Co noso selo discográfico distribuimos nas plataformas dixitais e promocionamos a música das nosas bandas e artistas, co que intentamos conseguir que a música de todos eles chegue a todas partes.

Axencia de manágement

Dende a nosa axencia de manágement xetionamos, promovemos e planificamos a carreira musical dos nosos artistas, e así eles adícanse exclusivamente a crear as súas pezas musicais.