Xonix Records nace en decembro do 2011 da man de Lolo Arincón, productor, técnico de son e músico compostelán, con máis de 30 anos de experiencia no mundo da música e actual CEO da empresa, para dar saída a moitos artistas galegos que non tiñan unha plataforma dende onde acadar visibilidade dentro do panorama musical e conseguir levar adiante traballos de calidade.
Centran o seu traballo en grupos, bandas, solistas, dúos, tríos... de calquer estilo do panorama musical da Galiza, para que tivesen un punto de partida dende onde poder levar a bó fin o seus proxectos musicais con resultados totalmente profesionais.
No ano 2020 Xonix Records abren unha sucursal en Lanzarote e comezan a traballar con bandas da illa. Grazas os bos resultados obtidos cos seus traballos comezan a sumarse o seu selo bandas do resto das illas Canarias, Sevilla, Puertollano e Valencia.
Hoxe en día Xonix Records é o selo discográfico de rock e punk máis potente da Galiza e de Canarias, así como a editorial musical con máis traballos editados na Galiza, pero sen deixar de lado bandas e artistas de outros estilos musicais cos que seguen traballando.
Crea tu propia página web con Webador